domingo, 12 de octubre de 2014

OLLOS DE AUGA

de Domingo Villar Vaia sorpresa!! Por segundo ano consecutivo, desfrutei co libro que me encargaron ler para o primeiro trimestre na clase de Galego!! Alucino!! A novela, de carácter policíaco, está ambientada na cidade de Vigo, provincia de Pontevedra, e a súa persoaxe principal é o inspector Leo Caldas, un axente de policía que, aparte de levar con éxito múltiples investigacións sobre os incidentes da vila, é locutor nun programa de radio chamado "Patrulla nas Ondas". Nel, xentes de Vigo infórmano dos seus problemas rutinarios para ver que pode facer inspector ao respecto (unha idea que me pareceu moi orixinal). Un bo día, Leo atópase cun novo caso fascinante: o dun saxofonista de jazz (profesor no Conservatorio) chamado Lois Reigosa que foi asasinado en estrañas circunstancias no seu apartamento utilizando un producto químico do común, o formaldehído ou formol. O inspector, xunto co seu axudante rudo e aragonés (incapaz de entender o ambiguo do humor e a forma de expresión galegas), Rafa Estévez, será encargado de chegar ata o fondo do caso. O resultado será de magnitude insospeitada, e tomará milleiros de voltas e investigacións chegar ata el. Conseguirá o policía, de mente fría, aguzada e esperta, dar coa resposta?? Pareceume un libro súper entretido. Tíñao reservado como lectura para as noites, xa que polo día ando falto de tempo, e desfrutei a lectura fraccionada en pequenas doses da novela. Probablemente o trazo que máis me chegou a gustar do libro foi a figura do protagonista, debido á afinidade das súas características mentais cun dos meus ídolos da ficción, o Doutor Gregory House. Un utiliza as súas especiais facilidades para comprender a criminoloxía, e o outro para a medicina, pero no fondo os dous comparten un mesmo traballo: a resolución de crebacabezas. Outro aspecto do libro que me encantou pola súa orixinalidade foi o título do libro, que vén dado por unha frase sen moita importancia do primeiro fragmento do libro, pero cunha fonda importancia na novela: "-Nunca vira uns ollos coma eses -dixo o inspector sinalando o rostro de Reigosa-. Non che semellan irreais? -Si -asegurou o doutor Barrio-, tanto que ao principio crin que eran lentes de contacto, pero son naturais. Tiña as meniñas dos ollos desa cor, coma se fosen de auga." Cantos problemiñas lle deron aqueles ollos ao Señor Reigosa, cantos....