sábado, 2 de marzo de 2013

CORTO MALTÉS - BALADA DO MAR SALGADO

de Hugo Pratt

    Un libro ambientado na época da primeira guerra mundial, que conta como un conxunto de piratas que combaten a favor dos alemáns, situados no Índico, ao enterarse do comexo das revoltas comezan a fuxir e a practicar a pirataría contra barcos mercantes, pequenas patrullas... Estas situacións levan a encontrarse a catro persoas moi distintas entre sí que son as protagonistas e que viven unha grande cantidade de aventuras xuntos: Caín, Pandora, Tarao e Corto Maltés. Por detrás tamén destacan as figuras do Monxe (con esa impactante noticia sobre el ao final) e tenente Slütter (que na súa obsesión por servir á patria non ve cara onde o levan as ordes dos seus superiores e acaba metido no caso coma un pirata máis).
   Personalmente, non me gustou moito, paréceme que ás veces o libro ten acontecementos que se debería explicar máis e ese tipo de cousas, pero, ao fin e ao cabo, déixase ler :).

   P.D: Atentos ao seguinte que leo, que é posible que sexa o meu primeiro libro en inglés!!